"Poden saír cousas boas de non saber demasiado" Charles Bukowski

Montealto Blues

Posteado: 10/01/2012 | Autor: | Arquivado como: Apuntamentos | Sen comentarios »

Estaba o frío inverno axexando na xanela. Petaba no vidro cada vez que o sol marchaba entre os tellados das casas viciñas. Enchía de tristura as paredes que me agochaban. Das seis da tarde ás dez da mañá a melancolía sentaba no sofá e comezaba a facer zapping na televisión. Choraba e ría como unha radiografía da bipolaridade. Eu, silandeiro, fuxía do salón e sentaba ao acubillo do edredón no meu cuarto. E alí miraba pasar as horas. Tic tac tic tac agardando que as raiolas da mañá escorrentaran á besta grisalla.

Hoxe saíu o sol. :)


Luz efémera

Posteado: 4/07/2011 | Autor: | Arquivado como: Chámalle poesía que te hostio | Tags: , | Sen comentarios »


Recordaba a túa luz. Foi o último en extinguir aquela noite. E seguiu iluminando as vindeiras noites, sempre logo do solpor. Chegabas así, sen previo aviso. Até que, de tanto chegar, non era preciso que avisaras. Todo se convertíu en vulgar e previsíbel mais eu pechaba os ollos e recordaba a túa luz. A derradeira luz daquela noite. Só conectando as sinapses do meu enfermo cerebro tornabas a brilar. Eras a única racholiña de esperanza na escuridade daquela estancia de paredes espidas. Aquela húmida cela que explodía de filamentos de mofo fresco e cheirento. Queimabas as miñas retinas que choraban de pracer e agonía.

Aquela luz que nunca esmorecía e que hoxe vaise perdendo na miña memoria. Onte luz, hoxe poster pegado precariamente con cuspes de carraxe e nicotina. Mañá serás unha alucinación. Logo as miñas sinapses perderán a conexión e logo serei eu quen esmoreza no océano do esquecemento. Mais sei que a túa luz seguirá a brilar no ceo inmenso que hoxe se derrete sobre as cabezas. Como chocolate. Quente. Fluído.


Pechada por reformas

Posteado: 27/06/2011 | Autor: | Arquivado como: País | Tags: | Sen comentarios »

O peche de Galicia Hoxe por Txiki Calvo


Looking for a muse

Posteado: 27/06/2011 | Autor: | Arquivado como: Eu | Sen comentarios »

Un día acordei cedo ou, se cadra, non tanto. Había un baleiro inmenso no meu cuarto. Mirei ao redor e só estaba eu. Chamei por ela mais non respostou. Busqueina nos cantos amarelos dos meus cadernos. Seica non estaba. Desapareceran as pegadas dos seus dedos nas capas dos meus libros. O oco aínda quente da súa cabeza na almofada era o único recordo que permanecía intacto. Sentín gana de chorar, de berrar, de bater coa cabeza nas paredes brancas do meu santuario. Todo era inútil. Non estaba. Non deixara nin unha nota de despedida.

Tireime na cama, pechei os ollos e comecei a hibernar. Iso facemos os lobos cando o inverno enfría a nosa pelica.

Chegou o verán mais eu sigo aquí na noite sen fin.

Sen musa, tanto ten o verán. Sen palabras, tanto ten o sol. Agardarei un chisco máis… enquanto há força!


Cousas da primavera

Posteado: 17/04/2011 | Autor: | Arquivado como: Eu | Tags: | Sen comentarios »

Onte rematei nun concerto de Havalina… esta canción púxome a cen!

INCURSIONES

siempre quise entrar desnudo en tu habitacion
y pasar la fria noche bajo tu edredon
no hay nada que me llame mas
siempre quise incursiones en tu habitacion

siempre quise entrar desnudo en tu habitación
siempre quise estar pegado a tu radiador
no hay nada que me encienda mas
siempre quise estar tumbado y desnudo en tu habitación

no hay nada que no acabe mal..
no hay nada que yo sepa hacer mejor..


Friday I’m in love

Posteado: 12/02/2011 | Autor: | Arquivado como: Eu | Sen comentarios »

Celebration via ramyraoof

Escribo isto e xa é sábado pero sigo in love mentres escoito Common People de Pulp pensando en todas esas persoas comúns que xuntando esforzos, esquecendo as súas diferenzas veñen de combater ao poder e hoxe festexan pola rúa a súa victoria. A todos os seres anónimos que hoxe nos deron unha lección inesquecíbel para aqueles que vivemos na comodidade. Grazas. Na terra dos faraóns… o pobo é quen máis ordena!


Amizades perigosas

Posteado: 9/02/2011 | Autor: | Arquivado como: Eu | Tags: | Sen comentarios »

O da dereita ten un Premio Nobel da Paz... WTF?

Non son unha persoa con moitos coñecementos de nada e moito menos de política internacional. O que si podo dicir é que son un ser humano e que, como tal, estou preocupado dos acontecementos que envolven aos meus iguais.

Durante todos estes días puiden seguir de preto os acontecementos de Exipto. Cidadáns coma ti e coma min reclamando o seu dereito a vivir con dignidade e, sobre todo, en liberdade. Ben sei que a palabra liberdade, sobre todo nas democracias tal e como as entendemos desde occidente, pode ser unha palabra grande de máis. Pero até o momento semellan ser o menos malo dos modelos que coñecemos. Día tras día e aproveitando o espazo de liberdade máis grande do que dispoñemos: internet, puiden comprobar a firme vontade do pobo fronte as manobras suxas duns políticos (os da foto de arriba) que non queren asumir que os tempos mudaron, e de que xeito!

Seica o feito de que Exipto sexa democrático pode ser malo para os intereses de occidente. É posíbel que acabe sendo un país islamista, que nos amolen co tránsito na canle de Suez, que haxa tensións con Israel. Pode que non. As políticas dos gobernos occidentais abogan por cortar o membro no momento en que hai unha ferida, sexa cal sexa o seu tamaño. Para evitar males maiores (non constatados) obriguemos a un país co doble da poboación de España a vivir baixo a bota dun déspota e corrupto. É obvio que non son o máis apropiado para falar, nunca me preocupei de Exipto. Se cadra interesábame todo ese rollo dos faraóns que aparecen nos documentais de La 2. Pero logo de ver toda esa maré de seres humanos resistindo sen case apoio. Crecendo en número. En loxística. En xestos de solidariedade alén das crenzas políticas ou relixiosas. Logo de mirar todo o visto na Praza Tahrir… algo prendeu no meu peito. Un sentimento de ledicia. Algúen estaba a facer algo. Logo do escándalo da economía, con tantas vítimas e tan poucos estafadores no caldeiro. Logo do asunto de Wikileaks e a ausencia de reaccións nunha sociedade adurmiñada como a nosa… Logo de toda esta escuridade unha luz parecía xurdir xusto na porta de atrás de Europa. Tunisia, Exipto e o que veña. Se logo temos que arrepentirnos pois mala sorte é o malo que teñen as revoltas que ás veces son boas e ás veces non. Que nunca se apague a faísca do cambio…

E xa para rematar esta modesta reflexión… alabar á internet e a posibilidade de seguir a realidade do mundo que nos rodea en tempo real aínda que teña que ser vía Al Jazeera xa que os telexornais estatais están máis preocupados polos acordos do liberal ZP e os sindicatos cipaios, os cansinos neocons do PP co seu discurso ultranacionalista e as visitas dos Mr. Marshall do século XXI que chegan a un lugar onde teremos moito teléfono móbil e moito AVE pero seguimos a ser uns gañáns que só saben fardar dos astros do balón. Coma se Paquiño non tivera morto todavía… e, se cadra, aínda non morreu (nos corazóns dalgúns).

16 días resistindo, forza Exipto


Acordei durmido

Posteado: 5/02/2011 | Autor: | Arquivado como: Eu | Tags: | Sen comentarios »

Xente coma ti tamén ten dereito a falar

Acordei durmido e logo de chegar ao meu correo electrónico e mirar que alguén tivera a amabilidade de me deixar unha mensaxe espertei de vez. Rara vez hai mensaxes no meu blog, obviamente porque nin o actualizo tanto como debera nin á xente lle interesa moito o que aquí poño. Cando mirei que a mensaxe era unha carregada de xenreira, hei de recoñecer que tiven certo “baixón”. Mais logo pensei, que carallo… que falen dun aínda que sexa mal e recordei a letra dunha canción de Cornershop que dicía así: “drinking to my friends and drinking to my foes, for both keep a young heart moving”.

É dicir, son feliz porque teño un troll no meu blog, algo reservado só para privilexiados.

Como dixo Bukowski: “”É bo sentir hostilidade, mantén a cabeza despexada.”


Innocent Criminals Day

Posteado: 28/12/2010 | Autor: | Arquivado como: Eu | Tags: , | Sen comentarios »

Hoxe día dos Santos Inocentes prefiro pensar nos Inocentes Criminais…

Eles vão te olhar nos olhos e pedra que você
Em seguida, vire e negá-lo, não deixá-los levar a luta fora de você
Eles vão andar por todo o seu nome até eles encontrar alguém para culpar, não deixá-los assumir a
luta fora de você
Segredos escondem suas mentiras escondidas dentro de álibis, não deixá-los levar a luta fora de você
Eles colocaram o mundo em um gancho, é pior a cada vez que eu olho
Não deixá-los levar a luta fora de você

Eu prefiro levar um soco do que não dar-lhe um tiro
Eu preferiria descobrir quem você é de que você não está
Deveria ter pensado melhor antes de negócio erro por amor
Deveria ter pensado melhor antes de confundir um punho para uma luva

Será em sua homenagem ’til você não precisava de mais tempo, não deixá-los levar a luta
fora de você
Não acredite nas manchetes, verificar por si mesmo, às vezes, não deixá-los levar a luta
fora de você
As mentiras que você vive se você, o amor que você perdê-lo entorpece você, não deixe que eles take a luta
fora de você
Eles dizem que você chegou, mas isso é só um suborno de alta classe, não deixá-los levar a luta
fora de você

Há sempre alguém mais jovem, alguém com mais fome, não deixá-los levar a luta fora
você
Eles dizem que você é o único
Em seguida, em linha reta até deixar você sozinha, não deixá-los levar a luta fora você
Como um paciente espera o transplante de um doador, não deixá-los levar a luta fora de você
Como um balão meio vazio depois de uma festa na esquina, não deixá-los levar a luta fora de você


Farturas natalinas

Posteado: 26/12/2010 | Autor: | Arquivado como: Eu | Sen comentarios »

É difícil postar desde o móbil así que terei que ser breve.

Cousas para lembrar:
-só facerlle caso á miña cabeza
-non comer carnes vermellas
-non ser riquiño
-non tomar doces
-aprender a calar
-non beber licores
-os artistas son para cousas artísticas
-viaxar sen compaña é recomendábel
-reducir as horas online
-finisterrae non é un sitio, é un estado mental
-non borrar máis blogs (ver histórico)

Apuntado isto voume deitar que vou cheo de todo!